sábado, 29 de novembro de 2014

HOXE O DÍA ESPECIAL FOI PARA CARLA; FOI O SEU ANIVERSARIO E XA TEN 3 ANIÑOS!!!! MOITOS PARABÉNS PITUFIÑA!!!

Déixovos algunha fotiño da celebración, e que fixo amablemente a profe Jessi!! 






E como non, inmortalicei no recre, unha fotiño das dúas queridas amigas; a abelliña Olivia e a nosa formiguiña!!

martes, 25 de novembro de 2014

DÉIXOVOS UN VÍDEO-CLIP DA CANCIÓN PAN DE MILLO DE MIGALLAS!!


ACTIVIDADE MUSICAL SOBRE "PAN DE MILLO"

Hoxe, 25 de novembro, e Día Internacional contra a violencia de xénero,  veu á aula de contos unha rapaza que traballa para o concello e desenvolveu unha serie de actividades musicais coas formiguiñas, tendo como base común a música de "pan de millo", un disco do grupo "Migallas" e que lles encanta aos peques.

Bailaron, cantaron e ata foron estatuas coa múscia de fondo.




sábado, 15 de novembro de 2014

O MAGOSTO CHEGOU!! E, AÍNDA QUE O MAL TEMPO XOGÓUNOLA ALGO, CELEBRÁMOLO IGUAL!!!

Déixovos algunha fotiño, que non hai moitas porque entre o que chovía e andar vixiando aos nenos, pouco tempo había...
Case todos comeron algunha que outra castaña e outros puxéronse as botas como Aarón Valle, Estela ou Clarita!! Así me gusta....e sen axuda para cascalas e todo ehh!!!


Ola ola Magosto!!!
Aquí a señora castaña!!!!







ANIVERSARIO DA FORMIGUIÑA RAÚL!!! Xa temos 3 aniños!!!!





Moitos parabéns Rauliño e que cumplas moitísimos máis sendo así de bo, je je!!!

martes, 11 de novembro de 2014

OUTRAS CANCIÓNS MÁIS ESPECÍFICAS....

Agora que traballamos a estación do outono e que xa celebramos o Samaín, cantamos cancións alusivas que tamén saben ou empezan a saber...pero imos alternando algún día...Probade na casa a poñerllelas e xa veredes como as identifican e como as cantan....


Outra que lles encanta é esta: 

 E , por suposto e referente ao Samaín, a canción estrela foi....


ESCOLMA DE CANCIÓNS QUE OS PEQUES CANTAN DENDE O PRIMEIRO DÍA DE ESCOLA

Despois de facer as rutinas cotiás e que o encargado ou encargada realice ben as súas funcións, como poñerse de formiga raíña do día, pasar lista ao resto das formigas do formigueiro, poñer na casiña aos que non viñeron,  poñer o tempo no día da semana correspondente, facer o horario do día destacando os momentos máis importantes da xornada e as especialidades que teñamos e, por suposto, contarnos como está hoxe e debuxarse na PDI....
falamos das cousas que imos traballar no día e cantamos as cancións dos días da semana e dos bos días....
Pinchade nos enlaces ou play para ver os vídeos...



Despois cantamos outras cancións para repasar e traballar o esquema corporal, favorecer os hábitos nos nenos e nenas....

sábado, 8 de novembro de 2014

Metidos de cheo no outono.....e con este tempo!!!

Na aula estamos traballando a estación do outono, que aínda que conlevou cambios importantes e extremos, sirven para que os peques aprendan algo máis.
Grazas pola vosa colaboración e achegas cos froitos e follas do outono. Están aprendendo moitas cousas!!
Déixovos con algunha fotiño para que vexades...pero seguiremos aprendendo e investigando....
e o 
venres 14....MAGOSTOOOOOOOOOOOOOOO !!!
Escolma das cousiñas que trouxéchedes...


As landras

As noces

As castañas




Aprendemos que a castaña sae do ourizo cando cae do castiñeiro e abrimos algún...

Nerea trouxo unha cabaza porque celebramos o Samaín, que está dentro do Outono tamén

E traballamos, tamén, para confecionar un libro do outono, que xa veremos que chuli!!!


Grazas pola vosa participación familia!!!


ANIVERSARIO DA PEQUENA FORMIGUIÑA GIOVANNA!!!

Hoxe celebramos o aniversario da formiguiña Gio e comemos desa tarta tan maxestuosa; ja ja!!!
Moitos parabéns Gio e que cumplas moitos máis!!








xoves, 30 de outubro de 2014

FOTOS DOS PEQUES XA DISFRAZADOS !!!!

PERO QUE GUAPOS ESTABAN TODOS E QUE TRABALLO QUE DEU....BUFFFFF!!!
ESPERO QUE DISFRUTARAN MOITO, POLO MENOS!!!
















A algúns cóstanos rir porque somos moi tímidos!!!






E outros...non queremos saber de disfraces...pero o caso, é ir participando!!!