Despois de levar toda a semana, motivando, preparando e facendo actividades alusivas ao Samaín, así como receitas terroríficas, foi o momento de disfrazarnos de pantasmas, elemento moi relacionado co tema que estamos a investigar; os castelos!!!
Déixovos con algunha instantánea dos peques disfrazados, elixida ao chou, aínda que no pen irán fotos de tódolos peques!!!
xoves, 29 de outubro de 2015
xoves, 15 de outubro de 2015
UN ACONTECEMENTO MOI MOI ESPECIAL!!!
O martes, cando chegamos ao cole e xa case entrando na aula, atopamos un cento de pegadas de cor verde no chan!!!! Había por todas as aulas de 4 anos e no corredor tamén!!
Estabamos abraiados porque ninguén sabía o que acontecera...
Houbo moitas opinións e formuláronse hipóteses moi variopintas...dende que alguén entrara no cole coma un dragón ou o "monstro verde", que alguén manchara o chan e entrara a pintar, que había unha pantasma, etc.
Entramos na aula, e fomos investigando cara onde nos levaban as pegadas e, estas, desaparecían ao lado dunha fiestra. O que entrou, ou estaba agochado na aula ou fuxira pola fiestra, xa que estaba aberta. Voaría? Sairía dando chimpos ou apoiándose nas paredes, escalando como fan os superheroes?
Ao final, canto máis nos achegabamos, máis confundidos estabamos pero atopamos algo impotante...UNHA CAIXA!!!!
Abriuna Hugo T., posto que era o encargado do día e era o meu axundante a investigar...
Nela atopamos unha carta e dous elementos importantes que nos trasladarían a épocas pasadas...épocas de castelos!!
Era unha coroa e unha variña!!!
Outra vez, houbo multitude de opinións tamén pero decidimos ler a carta para saír de dúbidas....
Ó final, resultou que o bufón Cabacinhas, que era quen entrara no cole e quen asinaba o escrito, contounos que...a Raíña do castelo fora secuestrada polo bruxo e agochada na torre máis alta do Castelo do Misterio....
En cada aula deixou unha carta e un elemento que nos axudaría a atopar a chave desa torre e poder liberar así á dama, antes de que chegara o Rei, que estaba loitando nunha batallla moi lonxe!!! A partires de entonces, todos os peques de 4 anos estiveron e siguen, buscando a chave por todas partes!!!
Voltaremos ter noticias do bufón?????????

mércores, 7 de outubro de 2015
ANIVERSARIOS DE OUTUBRO
Chegado o mes de outubro, chegan moitos aniversarios ao formigueiro.
É o caso de Kike, Hugo Vázquez e Clara!!!
Adiántovos unhas fotos para que vexades!!
Como pasa o tempo...e como van crecendo!!!
Moitos parabéns formiguiñas!!!!

domingo, 4 de outubro de 2015
CELEBRACIÓN DO "DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA"
Aproveitando o aniversario do nacemento de Mahatma Gandhi, que pon data á celebración deste día tan importante para a humanidade, as formiguiñas falaron da violencia, do que significa, e das cousas malas que xenera e pola contra, tamén se falou e escribiu sobre as cousas boas que debemos favorecer, inculcar e practicar como o amor, os bicos e os abrazos, os sorrisos, etc.
Eles foron dicindo accións e comportamentos que lles parecían que estaban mal e outros que si lles gustaban e eran positivos como o amor entre as persoas, polos animais, a convivencia, entre outros moitos.
Escribiron na PDI palabras boas e positivas e despois, plasmaron nun debuxo individual, unha estampa do que para eles era a paz e a felicidade.
Fixeron corazóns coa plastilina rosa e vermella, montáronos cos pinchiños, debuxáronos nas pizarras pequenas e ata montaron, improvisadamente, unha libraría onde vendían libros pero que se pagaban con bicos; unha experiencia fermosa!!!
A ver se todos os días son " de non violencia" e predigamos co noso exemplo para tentar contribuír á formación dun mellor futuro, cheo de paz e amor.
Pon o teu gran de area!!!!

Subscribirse a:
Comentarios (Atom)