venres, 13 de novembro de 2015

HOXE O DÍA ESPECIAL FOI PARA RAÚL !! MOITOS PARABÉNS FORMIGUIÑA!!

Entre preparativos, traballos varios, organización e celebración do Magosto, hoxe tamén celebraba o seu aniversario Raúl. Espero que o pasaras moi ben e sexas moi feliz. 
Biquiños!!!




xoves, 12 de novembro de 2015

POR FIN CHEGOU O DÍA DA SAÍDA AO CASTELO... BEN!!!!!

Canto lles tardaba a saída ás formiguiñas!! Xa dende que comezou o mes de novembro iamos contando os días que faltaban para que chegara o esperado día 11 e non nos defraudou nadiña...Por fin iamos comprobar se os nosos coñecementos tiñan algo que ver coa realidade e, aínda que non había raíñas nin cabaleiros, foi moi aproveitada.
Hai que repetir familias!! Non vexades o que disfrutan e o que aprenden porque, agora, xa non son novatos no tema e deixan abraiados ata á mesmísima guía do castelo, que dixo que eran moi bos e que sabían moito!! Que así daba gusto!!! Por non mencionar aos ingleses que baixaran do cruceiro e que rían moito con eles e dicían :
- Oh, lovely!!!
Ata non tiñan nada de présa por volver á escola, e iso que foi unha hora e algo moi intensa.


Aquí, María explicounos que era un castelo militar e que antigamente, estaba nunha illa á que se accedía en barco, como ben adiviñaron eles...


Comezamos pola planta de abaixo onde poidemos ver un plano do castelo e comprobar que tiña forma de estrela para poder vixiar mellor aos inimigos.
Vimos o patio de armas, cunha fonte no centro, diversos escudos con distintos debuxos tallados a man, o da lenda da Torre de Hércules, diversas lápidas e capiteis,...



Xa, dentro do museo, poidemos ver obxectos que se atoparon das distintas épocas polas que pasou o castelo, como na idade de pedra, na dos metais, a época castrexa, entre outras...





Vimos o esquelete da muller máis maior de Galicia que se conserve  e foi alí, onde atopamos unha pista do Bufón Cabaciñas para axudar a atopar a chave que rescatará á raíña do castelo...

E xa arriba, vimos a casa do gobernador, o pozo, as distintas armas, armaduras, sables, bandeiras e ata un barco de madeira e peles!!!








Nesta cuncha tan grande bautizaron a moitos nenos e nenas!!!





Disfrutamos e apredendemos moito pero era o momento de voltar para a escola, deixando as fermosas paisaxes da Coruña!!!
                           Deica pronto!!!

venres, 6 de novembro de 2015

ANIVERSARIO DE GIOVANNA, UNHA DAS FORMIGUIÑAS MÁIS CATIVAS!!!

Hoxe tocoulle a quenda a Giovanna e por iso, foi o seu día especial no cole; cumpriu 4 aniños xa!! Moitos parabéns guapa!!!






xoves, 29 de outubro de 2015

CELEBRACIÓN DO DÍA DO SAMAÍN!!!

Despois de levar toda a semana, motivando, preparando e facendo actividades alusivas ao Samaín, así como receitas terroríficas, foi o momento de disfrazarnos de pantasmas, elemento moi relacionado co tema que estamos a investigar; os castelos!!!
Déixovos con algunha instantánea dos peques disfrazados, elixida ao chou,  aínda que no pen irán fotos de tódolos peques!!!