O novo proxecto que estamos a comezar neste segundo trimestre, é o dos animais de granxa; que tanto motiva aos peques...Estamos aínda comezando e por iso, vos pedimos as bandexas de cartón para manualidades que vaiamos facendo e non descartamos pedir algunha cousiña máis adiante...
Imos traballar os animais máis representativos e máis usuais das granxas que poden coñecer os nenos/-as e do seu contorno máis próximo coma:
a vaca, a galiña, o porco, o cabalo, o coello, a ovella, os parrulos, os pitiños, os cans e os gatos e o que vaia xurdindo e o tempo nos deixe...
Falaremos e investigaremos sobre o seu aspecto físico e características básicas como ser vivo, a súa forma de vida, a súa alimentación, as relacións que establecen entre eles e o home, os produtos que nos dan aos seres humáns, entre outros moitos aspectos...
Déixovos algunha fotiño de dous traballos plásticos que fixemos estes días sobre o porquiño e a galiña, con distintas técnicas.
Non vexades o que están a mellorar estas formiguiñas!!!
mércores, 21 de xaneiro de 2015
ANIVERSARIOS DE AARÓN VALLE E HUGO TRINCADO
Hoxe cumpriu anos Hugo Trincado e celabramos, dobremente, o aniversario de Aarón Valle...Son os maiores da aula das formigas xunto coa nosa neniña Elisa.
Déixovos unha escolma de fotos para que disfrutedes!!!
Déixovos unha escolma de fotos para que disfrutedes!!!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)














