mércores, 21 de xaneiro de 2015

COMEZO DO NOVO PROXECTO DE TRABALLO DO CURSO: OS ANIMAIS DE GRANXA!!!

O novo proxecto que estamos a comezar neste segundo trimestre, é o dos animais de granxa; que tanto motiva aos peques...Estamos aínda comezando e por iso, vos pedimos as bandexas de cartón para manualidades que vaiamos facendo e non descartamos pedir algunha cousiña máis adiante...
Imos traballar os animais máis representativos e máis usuais das granxas que poden coñecer os nenos/-as e do seu contorno máis próximo coma:
a vaca, a galiña, o porco, o cabalo, o coello, a ovella, os parrulos, os pitiños, os cans e os gatos e o que vaia xurdindo e o tempo nos deixe...
Falaremos e investigaremos sobre o seu aspecto físico e características básicas como ser vivo, a súa forma de vida, a súa alimentación, as relacións que establecen entre eles e o home, os produtos que nos dan aos seres humáns, entre outros moitos aspectos... 
Déixovos algunha fotiño de dous traballos plásticos que fixemos estes días sobre o porquiño e a galiña, con distintas técnicas. 

Non vexades o que están a mellorar estas formiguiñas!!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario