sábado, 28 de maio de 2016
martes, 24 de maio de 2016
ANIVERSARIO DA NOVA FORMIGUIÑA XIANA!!!
Como xa ben saberedes todos e todas, este trimestre entrou a formar parte da nosa familia formigueiro, a formiguiña Xiana e este luns celebrou o seu aniversario con nós.
Moitos parabéns guapa!!!
Moitos parabéns guapa!!!
REALIZANDO,XA, AS ACTIVIDADES FINAIS DO PROXECTO DO CORPO HUMANO!!
O venres pasado, tivemos a sorte, de que nos visitase unha doctora!!!
Veu a falar con nós e a resolvernos dúbidas, que aínda nos podían quedar, a tía de Clara das formiguiñas, que é pediatra.
Foi unha charliña con quendas de palabras na aula de contos pero os peques xa andan moi esgotados a estas alturas do curso.
Queda pendente unha futura visita pero na aula e para un grupo máis reducido de nenos/-as porque alí, entre o espazo reducido, a calor, o tempo de espera,...faciase moito!!
Dámoslle as grazas a Marta, pola visita e polos agasalliños que lles deixou aos peques...

sábado, 7 de maio de 2016
ONTE, VENRES, VEU O PAI DE LUIS E UN AMIGO A FALARNOS DE MOITOS DEPORTES!!!
Fomos as cinco clases, a aula de contos para que nos explicasen como se xoga a deportes de pelota como rugby; ao balonmán, ao voleibol, ao tenis ou a outro tipo de deportes como a natación, o iudo, escalada ou equitación, entre outros.
Fixeron preguntas, manipularon o material e ata probaron algún quimono de iudo, o arnés de escalada, etc.
Foron encantadores e tiveron moita paciencia, posto que os peques estaban algo inquedos, xa que do que máis tiñan ganas era de xogar pero o tempo non acompañaba, tampouco. A ver se noutra ocasión...
Moitas grazas por colaborar!!!

METIDOS DE CHEO NO PROXECTO DO CORPO HUMANO, HOXE, XOVES, VIÑERON OS DE SALVAMENTO DE ARTEIXO!!!
Unha vez introducido e motivado o tema do corpo humano, enfocado cara a saúde e os deportes, basicamente, e despois de ter recibida a visita das mamis enfermeiras, hoxe tocoulle a quenda a un papi que traballa en Salvamento de Arteixo. Trouxo aos seus compañeiros (Raquel, Borja, Jose, ...) e pasamos unha xornada xenial con todos eles.
Primeiro tivemos unha preparación, algo máis teórica, onde nos explicaron dos riscos que podemos atopar tanto no mar coma en calquera outra situación cotiá e despois, fomos ao pavillón a poñer en práctica os novos coñecementos, xogando e aprendendo coa axuda dos monitores para así, gañar o noso carné de socorrista do concello.
![]() |
![]() |
| PASÁRONO EN GRANDE!!! MOITAS GRAZAS A TODOS ELES POR COLABORAR E IMPLICARSE TANTO!!! |
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)