venres, 19 de xuño de 2015

Pero entre tanta festa..había unha importante despedida!!!

Non se podería pechar o primeiro capítulo desta historia fermosa coas formiguiñas, sen adicarlle a última entrada no blogue, ao noso queridísimo Víctor que se nos marcha para outro colexio...
Esperamos que poidas vir visitarnos algún día porque ímoste estranar moito.
Es un peque super especial, ademais de bo, cariñoso, intelixente e moi simpático...
Seguro que che irá xenial na túa nova andaina e terás moita sorte!! Merécela!!
Querémoste moito Viti !!! 
Mándanos noticias en breve , que estaremos esperando...
Moito biquiños formiguiña!!
Ata pronto!!
























Guapooooooo...


O CURSO REMATA E A FESTA E O DESCANSO CHEGAN...Como custa o primeiro ano..buff!!

Da gusto velos comer e compartir e manter a compostura ante as chuches e doces..









Que ben o pasaron e como se puxeron as botas, por un día!!!
Hoxe estaba permitido, je je!!

venres, 12 de xuño de 2015

SAÍDA DIVERTIDA AO MONTICAÑO

O curso remata e os peques están moi cansos xa...Hoxe foi o día da excursión de fin de curso e todo o nivel de 3 anos  foi ao Monticaño. Portáronse superben e incluso, algúns, atrevéronse coa tirolina!!!

Preparados...

Listos...


Xaaaaa....







mércores, 3 de xuño de 2015

CELEBRACIÓN DO MAIO NO COLE

Grazas pola colaboración dos pais por traer o fiuncho!!
 Foi unha nova actividade para os nenos  e as nenas e disfrutárona moito!!!











COMO CRECEN AS NOSAS FABAS!!!

Despois de ter realizados numerosos experimentos e experiencias coa auga, que é o noso último proxecto do curso que estamos a rematar, un dos que máis lles está fascinando e a plantación e crecemento das súas propias fabas e, dentro dun vaso de plástico e co algodón. Van vendo o proceso diario e xa hai plantas enormes!! 
A ver se as trasplantades na terra e os peques siguen vendo o seu proceso, que pode culminar con éxito ou non...pero son experiencias, je je!!