venres, 18 de setembro de 2015

4º ANIVERSARIO DA FORMIGUIÑA VALERIA!!!

É inevitable e innegable ver como pasa o tempo e ver crecer aos nenos...
Moitos parabéns Valeria!! 
Es unha moi boa nena!!  





SETEMBRO XA ESTÁ AQUÍ....

Xa estamos aquí de volta e coas pilas cargadas!! O temido setembro chegou e o novo curso comeza a andar!!!
Os peques van a aprender e madurar moitas cousas pero non por elo, deixarán de disfrutar e xogar. 
Non esquezamos que o obxectivo último é que sexan felices e que nós contribuíamos activamente niso...
Aula preparada para recibir ás familias,  primeiro...

Imos coñecer os novos baños...e todos en fila!!

Ensinamos os traballos que algúns peques fixeron para os seus compis no verán...e que tan orgullosos mostraron






O día na escola remata e imos cansadiños pero con ganas de voltar...





E non me digades que esta foto non é preciosa e espontánea...que me deu tempo a retratar!!!

luns, 7 de setembro de 2015

BENVIDA AO NOVO CURSO!!

Ola de novo familias! 
Case rematado o verán e as vacacións, é o momento de dar comezo ao novo curso escolar 2015/16, cheo de ilusión e novos aprendizaxes.
Por este motivo, convídovos á reunión inicial de curso, que se desenvolverá o MÉRCORES día 9 DE SETEMBRO ás 11 horas e na aula das formiguiñas, que se ben lembrades cando volo dixen en xuño, está no piso de arriba, no corredor da dereita; a primeira aula da dereita, tamén.
Vémonos ese día! 
Ata pronto!!