martes, 16 de febreiro de 2016

SAÍDA Á FUNDACIÓN Mª JOSÉ JOVE NA CORUÑA

Hoxe poidemos disfrutar dunha saída a outro museo; neste caso, á Fundación Mª José Jove que se atopa na Grela, na Coruña. O primeiro que dixeron os rapaces ao chegar foi:
- A que huele? Huele raro...
E así era posto que ao estar enfronte da Estrella Galicia, o cheiro era significativo.
Despois ao entraren, recibiunos Patricia, a monitora que se encargaría de ensinarnos e adentrarnos no museo.
Subimos en ascensor ata o segundo andar, en grupiños de 6 rapaces e rapazas. O primeiro que nos ensinou foi unha escultura de madeira á que eles deron algo de vida, poñéndolles ollos, nariz, boca e orellas.
Bautizárono co nome de Pablo e quedou moi bonito!!!







Despois fomos recorrendo parte do museo e vendo aspectos da vida desa primeira escultura que chegou alí: a súa casa (un bosque), a súa cociña, amigos seus bautizados polos peques como Anxo e Alejandro, Sara,...
Tocamos as pólas da árbore onde vivía Pablo, a escultura de madeira...





Observámolas ben...

Vimos a súa cociña...


A Sara fronte ao espello...

 E deste xeito, fomos adentrándonos na vida do museo e nas súas obras de arte...
Para, por último contribuír a crear obras mestras feitas por eles mesmos...




 Xa só quedaba despedirse de Pablo e voltar á escola a seguir coa rutina cotiá...
                        pero canto aprendemos e que cansos imos...

Quixemos plasmalo nun debuxo ao chegar ao cole...


Deica a próximaaaaaaaaaaaaaaaaa...

CUMPLE DE PEPA !!!

Estes días tocoulle a quenda  á formiguiña Pepa!! Xa cumpriu 5 aniños...
Moitos parabéns peque!!





Parabéns guapa!!

xoves, 4 de febreiro de 2016

DESPOIS DUNHA SEMANA CHEA DE ENTROIDOS E ENTROIDADAS, MAÑÁ CHEGA O GRAN DÍA E ORIENTE APODÉRASE DE INFANTIL!!!!

Non vos perdades o desfile de mañá porque parece que o tempo acompañará; mágoa que faga tanto frío...Os peques van estar moi moi guapos !!!
E para ir entrenando, hoxe xoves, tocou traer todo o que a señora Meca nos foi pedindo durante a semana. 


A nosa encargada do día sen ganas de posar moito....








Darío probando cousas para a cabeza e penso que o casco era o que máis lle gustou ao final, je je !!

Tamén houbo tempo para traballar moito e ata decoramos caretas de Entroido!!!

Moitas grazas por participares familias!!!
Apertas para todos!!

luns, 1 de febreiro de 2016

CHEGOU O ENTROIDO E A SEÑORA MECA MANDA E DI...










O LUNS ALGO NA CABEZA E ROUPA DO REVÉS...







CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

Despois de practicar e aprender, un pouquiño, a canción de Macaco  "Marea de gente" o "Todos somos iguales", como din os peques, tamén escribiron unha palabra, que aportaron eles mesmos e que simbolizase a Paz para, así, colgar nas pinzas que trouxeron decoradas da casa.
Levámolas a colgar ao noso patio de 4 anos e o resto do colexio foi facendo o mesmo. 
Hoxe, cada un escolleu outra pinza cunha palabra ou lema correspondente e así, TODO O COLE, colaborou nunha actividade moi fermosa.
Os peques quedaron moi ledos coa tarefa desenvolvida e concienciáronse, un poquiño, durante a semana, ante persoas que son distintas a nós e con certas minusvalías, pero que ao final, no son máis que persoas iguais a nós; cos mesmos gustos, ideas, soños,..