Despois de practicar e aprender, un pouquiño, a canción de Macaco "Marea de gente" o "Todos somos iguales", como din os peques, tamén escribiron unha palabra, que aportaron eles mesmos e que simbolizase a Paz para, así, colgar nas pinzas que trouxeron decoradas da casa.
Levámolas a colgar ao noso patio de 4 anos e o resto do colexio foi facendo o mesmo.
Hoxe, cada un escolleu outra pinza cunha palabra ou lema correspondente e así, TODO O COLE, colaborou nunha actividade moi fermosa.
Os peques quedaron moi ledos coa tarefa desenvolvida e concienciáronse, un poquiño, durante a semana, ante persoas que son distintas a nós e con certas minusvalías, pero que ao final, no son máis que persoas iguais a nós; cos mesmos gustos, ideas, soños,..









Ningún comentario:
Publicar un comentario