Hai que repetir familias!! Non vexades o que disfrutan e o que aprenden porque, agora, xa non son novatos no tema e deixan abraiados ata á mesmísima guía do castelo, que dixo que eran moi bos e que sabían moito!! Que así daba gusto!!! Por non mencionar aos ingleses que baixaran do cruceiro e que rían moito con eles e dicían :
- Oh, lovely!!!
Ata non tiñan nada de présa por volver á escola, e iso que foi unha hora e algo moi intensa.
![]() |
| Aquí, María explicounos que era un castelo militar e que antigamente, estaba nunha illa á que se accedía en barco, como ben adiviñaron eles... |
Comezamos pola planta de abaixo onde poidemos ver un plano do castelo e comprobar que tiña forma de estrela para poder vixiar mellor aos inimigos.
Vimos o patio de armas, cunha fonte no centro, diversos escudos con distintos debuxos tallados a man, o da lenda da Torre de Hércules, diversas lápidas e capiteis,...
Xa, dentro do museo, poidemos ver obxectos que se atoparon das distintas épocas polas que pasou o castelo, como na idade de pedra, na dos metais, a época castrexa, entre outras...
Vimos o esquelete da muller máis maior de Galicia que se conserve e foi alí, onde atopamos unha pista do Bufón Cabaciñas para axudar a atopar a chave que rescatará á raíña do castelo...
E xa arriba, vimos a casa do gobernador, o pozo, as distintas armas, armaduras, sables, bandeiras e ata un barco de madeira e peles!!!
Nesta cuncha tan grande bautizaron a moitos nenos e nenas!!!
Disfrutamos e apredendemos moito pero era o momento de voltar para a escola, deixando as fermosas paisaxes da Coruña!!!
Deica pronto!!!



























Ningún comentario:
Publicar un comentario