O martes, cando chegamos ao cole e xa case entrando na aula, atopamos un cento de pegadas de cor verde no chan!!!! Había por todas as aulas de 4 anos e no corredor tamén!!
Estabamos abraiados porque ninguén sabía o que acontecera...
Houbo moitas opinións e formuláronse hipóteses moi variopintas...dende que alguén entrara no cole coma un dragón ou o "monstro verde", que alguén manchara o chan e entrara a pintar, que había unha pantasma, etc.
Entramos na aula, e fomos investigando cara onde nos levaban as pegadas e, estas, desaparecían ao lado dunha fiestra. O que entrou, ou estaba agochado na aula ou fuxira pola fiestra, xa que estaba aberta. Voaría? Sairía dando chimpos ou apoiándose nas paredes, escalando como fan os superheroes?
Ao final, canto máis nos achegabamos, máis confundidos estabamos pero atopamos algo impotante...UNHA CAIXA!!!!
Abriuna Hugo T., posto que era o encargado do día e era o meu axundante a investigar...
Nela atopamos unha carta e dous elementos importantes que nos trasladarían a épocas pasadas...épocas de castelos!!
Era unha coroa e unha variña!!!
Outra vez, houbo multitude de opinións tamén pero decidimos ler a carta para saír de dúbidas....
Ó final, resultou que o bufón Cabacinhas, que era quen entrara no cole e quen asinaba o escrito, contounos que...a Raíña do castelo fora secuestrada polo bruxo e agochada na torre máis alta do Castelo do Misterio....
En cada aula deixou unha carta e un elemento que nos axudaría a atopar a chave desa torre e poder liberar así á dama, antes de que chegara o Rei, que estaba loitando nunha batallla moi lonxe!!! A partires de entonces, todos os peques de 4 anos estiveron e siguen, buscando a chave por todas partes!!!
Voltaremos ter noticias do bufón?????????









Ningún comentario:
Publicar un comentario