Eles foron dicindo accións e comportamentos que lles parecían que estaban mal e outros que si lles gustaban e eran positivos como o amor entre as persoas, polos animais, a convivencia, entre outros moitos.
Escribiron na PDI palabras boas e positivas e despois, plasmaron nun debuxo individual, unha estampa do que para eles era a paz e a felicidade.
Fixeron corazóns coa plastilina rosa e vermella, montáronos cos pinchiños, debuxáronos nas pizarras pequenas e ata montaron, improvisadamente, unha libraría onde vendían libros pero que se pagaban con bicos; unha experiencia fermosa!!!
A ver se todos os días son " de non violencia" e predigamos co noso exemplo para tentar contribuír á formación dun mellor futuro, cheo de paz e amor.
Pon o teu gran de area!!!!








Ningún comentario:
Publicar un comentario