Coa chegada do novo curso 2014/15 e unha vez tendo rematado o temido período de adaptación, é o momento de comezar unha nova andaina chea de ideas, gañas e moita ilusión.
Con este novo blogue comeza a "etapa das formiguiñas", que durará tres anos intensos, cheos de traballo, progreso e evolucións positivas, para os nenos e nenas e para todos os que os rodeamos.
O blogue será unha pequena fiestra por onde as familias e demais membros da comunidade educativa, poidamos ver o que acontece na aula, o que se está traballando, as pequenas investigacións, as alegrías e todas aquelas cousiñas especiais que conformarán a pequena, pero intensa vida, destes 25 pequerrechos.
É o momento de crear a familia das formigas e de colaborar, opinando ou aportando ideas construtivas para todos e todas.
Será moi gratificante ver os avances dos peques e facelos partícipes a eles en todo momento; por iso, aproveitando que é unha canle moi positiva de comunicación entre a escola e a casa, tedes que velo con eles para que vos conten e se expresen, cousa que lles fai moita ilusión.
Espero que disfrutedes del e valoredes o traballo do quefacer cotiá da aula de 4ºE de Infantil do Ponte dos Brozos.
Benvidos!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario