mércores, 11 de marzo de 2015

SAÍDA AO MUSEO DE BELAS ARTES

Onte tivo lugar a primeira saída, algo máis longa, para as pequenas formiguiñas. 
Foron a coñecer o Museo de Belas Artes da Coruña e, aínda que iamos un pouco esperanzados a que nos ensinasen algunha obra ou debuxo de Picasso, quedamos coas ganas...Eso si, ensináronnos outros cadros e esculturas moi fermosas e faláronnos moito de Urgell,  Luís Seoane e da súa obra, que lles gustou moito.
Por mor da tardanza e dos atascos, chegamos algo tarde e non poidemos merendar pero a ningún se lle lembrou ata que chegamos ao cole e viron as mochilas, je je!! Iso foi que estiveron moi entretidos...
Hai que ir ensaiando o de subir e baixar ben as escaleiras porque no museo os pobriños non daban subido e cansábanse todos!! Aínda así, portáronse moi ben e viñeron durmindo no bus, sete ou 8 polo menos!!
Esperando ao autobús!!!


escoitando, atentamente, ao guía do museo...


os nosos pequenos pintores Elisa, Hugo e Víctor...

Ante o cadro das mariscadoras de Luís Seoane...












E rendidiños, voltamos cara o cole...


Ningún comentario:

Publicar un comentario