sábado, 18 de abril de 2015

ENTRADOS XA DE CHEO NA PRIMAVERA, É O MOMENTO DE PLANTAR!!! HOXE TOCOUNOS PLANTAR TOMATES ÁS FORMIGAS!!!

Os rapaces xa saben o que é un ser vivo e queren experimentar como é o seu nacemento; como é o seu crecemento e desenvolvemento. 
Plantamos tomates no invernadoiro e iremos coidando as súas plantas con moito agarimo e dándolle o que precisan: a terra co abono, a auga e deixando que o sol lle dea a enerxía necesaria para crecer ben. Iremos anotando e vendo os seus progresos como agricultores que somos e despois de pasar de ser, xa gandeiros, jeje!!


Preparados e motivados para saír xa...

Coa estupenda Marifé...antes de comezar o traballo..


O noso invernadoiro...que xa non chega a nada...SOMOS MOITOS!!!

Primeiro grupo preparado...

E a traballar!!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario