Teño que dar as grazas pola axuda recibida estes días, por parte das miñas compis, ás que lles tocou substituír na aula e tamén pola súa paciencia con temas de organización e planificación da mesma. Aínda que non estou recuperada de todo, xa estou de novo convosco.
As mestras que me substituiron estes días son, a maioría, titoras dos seus grupos de alumnos e non teñen case nin tempo libre. É por iso, que me apetece darlles as grazas dende aquí!!
Grazas a elas e ao favor que lles pedín, teño hoxe as fotos do pequerrecho AARÓN!!!
Moitos parabéns!! Vas feito un homiño xa!!



Ningún comentario:
Publicar un comentario