Benvidos a todas as familias! Xa estamos aquí de novo...
Esperando que pasarades un bo verán e descansarades moito, é o momento de volver mandar aos peques á escola para seguir madurando, disfrutando e aprendendo moitísimas cousas. O vindeiro luns 12 de setembro, bota a andar o novo curso escolar para as nosas formiguiñas e en horario normal.
Previamente, teremos unha reunión inicial explicativa, como tódolos anos, e levarase a cabo o venres día 9 de setembro ás 10 horas da mañá na mesma aula.
Alí vos agardarei a todos e a todas.
Lembrade, por favor, que ao non ser día lectivo, os nenos non deberán asistir.
Deica logo!
Rebeca
Ningún comentario:
Publicar un comentario