É moi fermoso e a partires del, traballaremos sentimentos, emocións, estados de ánimo, que axudarán aos rapaces e rapazas a expresarse e soltarse, cousa que lles custa moito, ás veces.
Será un pequeno proxecto que levaremos a cabo durante todo o curso escolar.
Xa comezamos a decorar a entrada da dereita do noso corredor de 5 anos e será un traballo conxunto de todo o nivel.
Estes días estamos a traballar as emocións do medo e do amor; este último profundizámolo hoxe moito debido a que, parece ser, que hoxe é o Día do Amor!! Je, je !!
Faremos murais, practicaremos expresións, faremos fotografías e moitas outras cousiñas bonitas que iredes vendo e sempre e cando, o tempo, imprevistos e outras actividades, nolo permitan.
Hoxe comparto con vós distintas caras de medo que puxeron hoxe os peques e que pegaremos no mural.
Rídevos un anaco!!!
























Ningún comentario:
Publicar un comentario