Como outro ano máis, neste día celebramos os dereitos e deberes que teñen as mulleres neste mundo ao igual que os homes e que parece que se esquecen de cando en vez...Nesta ocasión e aproveitando o noso proxecto do espazo e o novo que imos comezar das diversas artes, adicamos o Día a mulleres importanttes e destacables na historia de onte e de hoxe coma:
1.- María Montessori, mestra d emestras.
2.- María Pita, loitadora pola liberdade da cidade da Coruña.
3.- Rosalía de Castro, grande escritora e precursora que loitou por escribir na nosa lingua.
4.- Concepción Arenal, primeira muller que foi á universidade e cursou estudos pero disfrazada de home e cousa que os nenos e nenas non entendían na aula.
5.- Valentina Tereshkova, primeira muller que viaxou ao espazo.
6.- Mireia Belmonte, medallista olímpica histórica de natación e alérxica ao cloro das piscinas.
7.- Malala, a rapaza que loitou polo seu dereito a ir á escola e foi asasinada só por iso.
Os rapaces, despois de saber as pequenas historias que lles relatei destas grandes mulleres, escolleron á que quixeron e decoraron a súa roupa, para despois poñer o seu nome. Rosalía, segue a ser un clásico na nosa aula e a maioría inclinábanse por ela ao principio. Caloulles fondo en 3 anos xa, ja ja ja!!!
Que mágoa dá ter que celebrar días coma este se non fose que todo se desenvolvese con total normalidade pero estamos vendo no día a día que aínda non é así...
Esperemos que as novas xeracións vaian mudando a súa maneira de pensar e como non, de actuar!!!











Ningún comentario:
Publicar un comentario