mércores, 28 de xuño de 2017

DESPEDIDA MOI AGRADECIDA E MEZCLADA DE SENTIMENTOS!!!

Xa mércores 28 de xuño e a piques de pechar o curso escolar, para min, creo que é o momento de despedirme de todos vós, sendo só un ata logo.
Grazas ás familias, compañeiras e compañeiros e como non, aos peques que cambiaron e aprenderon tanto nestes últimos tres anos das súas pequenas vidas.
Eu, tampouco deixei de aprender cada día porque iso é o que ten esta profesión, ademais da súa grande vocación.
Dóuvos as grazas por toda a colaboración e por eses derradeiros días nos que, tan xentilmente, me fixestes unha pequena homenaxe e grande sorpresa colectiva á entrada no cole, como calquera día normal.
Quedei sen palabras!! Os detalles foron moi fermosos e sempre o lembrarei. Os nenos e as nenas tamén colaboraron cos seus debuxos e detalles que ían acendo espontaneamente os últimos días de clase. Estabn tristes e non entendían porque eles pasaban a Primaria e cambiaban de aula e de edificio pero a mestra non ía con eles...son cousiñas da idade pero o cariño e agarimo deles, non se esquece con nada...
Que dicir do festival que tan fermoso quedou e de como bailaron estas pequenas estreliñas...
Botareivos moito en falta formiguiñas!!
Isto é un ata sempre!!!
Moitísimos bicos e un abrazo enorme.

Grande sorpresa que me levei o luns ao chegar á aula a recoller...
Ata sempre promoción de formiguiñas, 2014-2017!!


                      Moitísima sorte a todos e todas!!!

3 comentarios:

  1. Muchas gracias por todo Rebe !!!! A sido un placer tenerte cerca... Aaron nunca te olvidará...
    Nos veremos . Bicos

    ResponderEliminar
  2. Moita suerte a ti tamen Rebe!!
    Estou dacordo con Lucia, foi un placer..
    Sempre teras un sitiño nos nosos corazóns,Estelita estaba encantada contigo.Hija feliz, papas felices, jaja.Apertiñas.

    ResponderEliminar
  3. Muchas gracias a vosotras por todo y al resto también. Espero vernos pronto. Muacassss

    ResponderEliminar