sábado, 18 de outubro de 2014

PERÍODO DE ADAPTACIÓN: NERVOS, CHOROS PERO TAMÉN MOITAS EXPERIENCIAS VIVIDAS, FUNDAMENTAIS PARA OS PEQUES














Son moitas cousas novas os primeiros días pero foron uns campións!!! Noraboa

BENVIDA AO NOVO BLOGUE!!!

Coa chegada do novo curso 2014/15 e unha vez tendo rematado o temido período de adaptación, é o momento de comezar unha nova andaina chea de ideas, gañas e moita ilusión.
Con este novo blogue comeza a "etapa das formiguiñas", que durará tres anos intensos, cheos de traballo, progreso e evolucións positivas, para os nenos e nenas e para todos os que os rodeamos.
O blogue será unha pequena fiestra por onde as familias e demais membros da comunidade educativa, poidamos ver o que acontece na aula, o que se está traballando, as pequenas investigacións, as alegrías e todas aquelas cousiñas especiais que conformarán a pequena, pero intensa vida, destes 25 pequerrechos.
É o momento de crear a familia das formigas e de colaborar, opinando ou aportando ideas construtivas para todos e todas. 
Será moi gratificante ver os avances dos peques e facelos partícipes a eles en todo momento;  por iso, aproveitando que é unha canle moi positiva de comunicación entre a escola e a casa, tedes que velo con eles para que vos conten e se expresen, cousa que lles fai moita ilusión. 
Espero que disfrutedes del e valoredes o traballo do quefacer cotiá da aula de 4ºE de Infantil do Ponte dos Brozos.
Benvidos!!!!!