domingo, 18 de setembro de 2016

5º ANIVERSARIO DE VALERIA!!!

Como tódolos cursos, a primeira formiguiña en cumprir anos, é a nosa Valeria. Nesta ocasión xa van 5 aniños. Deséxoche moita sorte e moita felicidade na túa curta idade.
Moitos parabéns parruliña!!!








1º DÍA DE ESCOLA DAS FORMIGUIÑAS

O luns daba comezo a escola e os peques estaban moi ledos. Reatopáronse, falaron, xogaron e ata, algúns, pediron traballar na primeira media hora.
Fixemos un pouquiño de todo pero sen asfixiar porque era o primeiro día. 
Déixovos algunha fotiño de cando facían o seu debuxo do verán, xa como nenos e nenas maiores de infantil.
Dá gusto ver como crecen e maduran!!












domingo, 4 de setembro de 2016

COMEZO DO CURSO 2016/17 PARA AS FORMIGUIÑAS

Benvidos a todas as familias! Xa estamos aquí de novo...
Esperando que pasarades un bo verán e descansarades moito, é o momento de volver mandar aos peques á escola para seguir madurando, disfrutando e aprendendo moitísimas cousas. O vindeiro luns 12 de setembro, bota a andar o novo curso escolar para as nosas formiguiñas e en horario normal.
Previamente, teremos unha reunión inicial explicativa, como tódolos anos, e levarase a cabo o venres día 9 de setembro ás 10 horas da mañá na mesma aula.
Alí vos agardarei a todos e a todas.
Lembrade, por favor, que ao non ser día lectivo, os nenos non deberán asistir.
Deica logo!
Rebeca

martes, 24 de maio de 2016

ANIVERSARIO DA NOVA FORMIGUIÑA XIANA!!!

Como xa ben saberedes todos e todas, este trimestre entrou a formar parte da nosa familia formigueiro, a formiguiña Xiana e este luns celebrou o seu aniversario con nós.
Moitos parabéns guapa!!!





REALIZANDO,XA, AS ACTIVIDADES FINAIS DO PROXECTO DO CORPO HUMANO!!

O venres pasado, tivemos a sorte, de que nos visitase unha doctora!!!
Veu a falar con nós e a resolvernos dúbidas, que aínda nos podían quedar, a tía de Clara das formiguiñas, que é pediatra.
Foi unha charliña con quendas de palabras na aula de contos pero os peques xa andan moi esgotados a estas alturas do curso. 
Queda pendente unha futura visita pero na aula e para un grupo máis reducido de nenos/-as porque alí, entre o espazo reducido, a calor, o tempo de espera,...faciase moito!!
Dámoslle as grazas a Marta, pola visita e polos agasalliños que lles deixou aos peques...








sábado, 7 de maio de 2016

ONTE, VENRES, VEU O PAI DE LUIS E UN AMIGO A FALARNOS DE MOITOS DEPORTES!!!

Fomos as cinco clases, a aula de contos para que nos explicasen como se xoga a deportes de pelota como  rugby; ao balonmán, ao voleibol, ao tenis ou a outro tipo de deportes como a natación, o iudo, escalada ou equitación, entre outros. 
Fixeron preguntas, manipularon o material e ata probaron algún quimono de iudo, o arnés de escalada, etc.
Foron encantadores e tiveron moita paciencia, posto que os peques estaban algo inquedos, xa que do que máis tiñan ganas era de xogar pero o tempo non acompañaba, tampouco. A ver se noutra ocasión...
Moitas grazas por colaborar!!!